O PlanG de LOS40 en Galicia xa ten A Festa
Só con artistas galegos, unha xuntanza para presumir do momentazo da música en Galicia
PlanG naceu como proposta para amosar e dar visibilidade a bandas e artistas que conforman o panorama musical de Galicia. Así arrancamos con Deninghures e Ortiga hai casi un ano o 25 de outubro de 2025, agora para celebrar o seu aniversario e despois de que pasaran Montedapena, Dani Costas, Triángulo de Amor Bizarro, O Xoan, Quinquillada con Kapital Voskov y Grande Amore, Carlangas, Tapa de Orella, Calllejo, Lg1do, Silee, Lil Sam, XMaseda e Alddara que son unha pequena mostra da potencia creativa coa que vivimos na terriña.
O vindeiro 1 de outubro na Sala Capitol de Santiago seguiremos presumindo de todos estes artistas e con GatoRave e Luchiño imos facer unha festa onde só escoitemos música galega primeiro coa sesión dos DJ´s protagonistas e tamén con artistas en directo, Laura Lamontagne, Lil Sam e Silee subirán o escenario para facer os seus temas en concerto e voltaremos con Gatorave e Luchiño pilotando moitos máis éxitos que farán unha noitada moi especial.
Esta noite será posible grazas a colaboración da Delegación do Goberno en Galicia e a Celebración dos 50 años de España en liberdade, unha iniciativa do Goberno de España que pon en valor os avances acadados coa democracia, neste caso, a oficialización da lingua galega que fai posible o seu emprego en tódolos ámbitos, como o da música urbana. O acceso será mediante invitación que xa podes descargar en salacapitol.com , busca Plan G A Festa!